luns, 26 de febreiro de 2018

barrio pintado


Cando facemos turismo visitamos o centro das cidades, a zona histórica ou aquelas zonas con novas e espectaculares edificacións... visitas os barrios cando viaxas? Vives nun barrio ou no centro/ zona histórica? Construímos a cidade da mesma maneira en tódalas zonas ou establecemos diferencias? Como é a zona na que vives?
Neste exercicio pintamos a impresión que deixou en nós a cidade, os nosos paseos polo barrio; deixámonos levar polo observado estas últimas semanas para traballar co pincel e a pintura libremente, con total liberdade. 


 Paula, a cidade e os ocos da cidade



 Xoel, debuxa a árbore que vimos nos nosos paseos e curiosamente ten forma de corazón


 Uli, pinta a costa da cidade, barrio con mar

 Lauri, unha casa grande sobre rosa







 Carlota, cidade e mais cidade

  Angel, fixádevos que pinta un edificio en primeiro plano :) 




 Martín , debuxa as persoas na cidade

Sandra, cidade que escapa do límite
 

Esta liberdade á hora de pintar móstranos os avances de cada un/unha deles, os medos que aínda quedan por superar nalgúns, así como, os distintos intereses e miradas sobre o mesmo tema. 
 





domingo, 18 de febreiro de 2018

A viaxe a ningures


A viaxe a ningures consiste en dar unha volta á maza e volver ao punto de saída, no noso caso o taller. Podemos facer a viaxe a ningures de diferentes maneiras, o caso é tomar consciencia de como camiñamos, se observamos, miramos, escoitamos, estamos atentos... podemos facer varias viaxes.
 
Buscamos  nas paredes,na rúa, nos obxectos ... no que nos rodea, seres aos que dotar dunha nova mirada e colocámoslles uns ollos que levamos preparados (mercados ou debuxados por nos) :) 

















 observar, escoitar, comparar, buscar, sentir, compartir ...e repetir a viaxe a ningures ...


 Eugene Ionesco

sábado, 17 de febreiro de 2018

Galerias de Alimentacion II


Seguimos mostrándovos o barrio, a nosa contorna como inspiración para os nosos traballos... as veces non apetece tomar o lapis e debuxar podemos entón empregar a cámara de fotos e traballar como Laura, de fotógrafa da nosa excursión.





Traballamos con collage a partir das imaxes tomadas por Laura e, engadindo ou restando elementos ao noso gusto... o colaxe permítenos moitos camiños e faise moi divertido para todas as idades. 








 

xoves, 8 de febreiro de 2018

Galerías de Alimentación, o barrio


O contexto que nos habita/habitamos é moi amplo e diverso... algunha desas dimensións que forman parte de nós, do cotiá, formarán parte tamén dos nosos traballos nas vindeiras semanas. Saímos a visitar un lugar do barrio especial, distinto e algo esquecido neste momento, aínda que noutro tempo tivera moito movemento. Hai anos eran unhas Galerías de Alimentación cheas de postos con venta de froitas, peixes, ... a onde o barrio acudía a mercar o que precisaba. Agora a vida e algo distinta, e o lugar tamén.
Facemos bosquexos, buscamos figuras xeométricas na contorna, habitamos o espazo coas nosas liñas, corpos e miradas ... facemos o barrio. 



















 

domingo, 4 de febreiro de 2018

Venres e sábados exploradores


As persoas máis novas teñen o seu espazo no taller os venres e sábados, o momento para desfrutar xuntxs de aventuras e coñecementos diversos que incorporamos despois ao noso traballo plástico; aos nosos debuxos e creacións.
A consciencia é un dos alicerces deste curso, a historia dos tres peixes que se atopan(que e o auga?) sigue presente neste trimestre, que adicaremos ao contexto. Exploraremos o noso contexto, ou polo menos unha parte :) e de esa investigación nacerán as nosas obras. 





 
Empezaremos por coñecer ben o espazo que nos une semanalmente, mediremos xuntxs e faremos un plano(a planta) do taller que despois converteremos nunha obra ao noso xeito, con rectas ou menos rectas, cores ao gusto ... 
 
O exercicio permítenos coñecer mellor o espazo que habitamos, cambiar o noso punto de vista (somos paxaros ou moscas...), falar de proporcións, medidas, escalas, ergonomía, liñas, etc.  explorar e medir o espazo collendo confianza e mudando a linguaxe do corpo, o lugar de estar...