xoves, 22 de xuño de 2017

Obradoiros na Asociación Veciñal



Unha oportunidade para achegarse as artes plásticas dende a colaboración coa Asoc. Veciñal de Oza- Gaiteira-Os Castros, que desexan xerar novas dinámicas e actividades no barrio... este é o momento de probar novos talleres dinamizando o barrio... apúntate!!! 

O día 4 de Xullo oportunidade para achegarse á plástica dende distintas idades, unha experiencia para compartir avós e netxs, tutores e peques, tias e sobriños, sobriñas e tios, madriñas e afilladas, amigxs e fillxs,... unha mestura para experimentar...

O día 11 de Xullo é o momento para perdelo medo ao debuxo e á pintura e achegarse ao "mundo-garabato"  perdela vergoña e botar unhas liñas ;)
para idades máis grandiñas porque de pequenxs non temos medo á liña, ás cores... aínda somos máis libres ;)

O día 18 de Xullo taller indicado para esa transición de idade onde empezamos a sentirnos grandes e definimos liñas de identidade... e para adultxs que queiran revisar o EU, escaneo a través das artes plásticas. ;)




Ningún comentario:

Publicar un comentario