domingo, 26 de xuño de 2016

texturas: segunda fase :)





coas texturas que fixemos esta tempada imos xogar facendo unha composición e mesturando unhas coas outras.... xerando unhas imaxes moi curiosas onde forma e fondo se dilúen.

Exemplos de Angel, Gabi, Jimena, Diana e Sandra:
 






 
Observamos esta técnica na nosa visita á exposición de Daniel Remeseiro, onde as súas Fábulas nos chamaron moito a atención.

como podedes ver este artista fai obras marabillosas xogando con diferentes texturas, recoméndovos velas en directo en canto teñades ocasión.
 
Nós facemos as nosas obras xogando con distintos pinceis, trapos, obxectos,... e cores para logo mesturalas cada unha nunha composición persoal ;)





martes, 21 de xuño de 2016

entrevista e recordatorios para este mes!!!

vouvos compartir esta fermosa entrevista que nos fixeron dende a Revista Oficial do Colexio Médico, con motivo  da nosa exposición "soñando a arte, experiencias plásticas no tallerdepolo" na Sala de Exposicións que o Colexio ten en Rego de Auga, na Coruña.




e lembrarvos que este mes é movidiño; 
temos exposición de Valados na cafeteria La Dársena, cadros de Polo no Hospital Oncolóxico (iniciativa moi fermosa do colectivo Arteu), reparto de notas de findecurso ;) , e o día 30 inauguramos expo "soñando a arte, experiencias plásticas no tallerdepolo"  na cafeteria Apetéceme de Lugo...

 http://arteu.blogaliza.org/

http://arteu.blogaliza.org/na-espera/
 





 este é un dos valados que atoparás en La Dársena, tamén hai algunhas acuarelas ;)




e en Lugo, se pasas este verán;



tamén recomendarvos visita á expo de Pilar Cristobo na cafeteria Marita Ron, de feito podedes facer ruta: un café aí mesmo e logo o segundo café en La Dársena, que está cerquiña ;)


xa me contaredes se vos cadrou pasarvos por algunha destas!!!
e lembrade que en xullo temos talleres para todas as idades!! 



luns, 20 de xuño de 2016

achegándonos ao comezo do verán...

pois iso; achegándonos ao comezo do verán e o bo tempo... imos rematando os últimos -ou penúltimos- traballos deste curso... moitas enerxías postas en crear, pintar, aprender, disfrutar,... sufrir tamén un pouco ;) xa que hai que pelexar duro ás veces para acadar algúns resultados buscados ...

imos con exemplos de loitas; 


 óleos de Gerarda e Concha; en loita as dúas co mar ;)




 
acrílicos de Sandra e Pam! 


(orixinal de Ana m. Hoyos)





e traballos sobre papel en acrílicos, témperas, lapis ou collage ... de Diana, Lúa, Úrsula e Adrián









Como vedes loitas distintas; según as técnicas empregadas, as idades... según os gustos de cada unha ... a experiencia ... moitos factores: o caso é probar e traballar ... apostar e aprender facendo!!



domingo, 12 de xuño de 2016

debuxar novas cartas de Dixit


descubrir o xogo Dixit foi unha pasada! As ilustracións das cartas son moi fermosas e inspiradoras para a nosa imaxinación. O xogo é moi estimulante e, para a miña sorpresa, divertido ata para xs nenxs máis cativos do taller. A través do xogo e das cartas relacionamos lingua e imaxe de maneiras abertas e totalmente persoais; non existe o erro ... só a interpretación que cada unha atope.

Probade a xogar e xa me diredes ;)

 


Xogamos con términos concretos pero procurando introducir cada vez máis palabras abstractas; os sentimentos van moi ben para o xogo. E sorprenden as ilustracións entre oníricas e surrealistas que abren moitas portas a interrogantes... posibles novas historias.
 

E o mellor de todo: deseñar novas cartas para engadir ao noso xogo! Deseñalas, bosquexar a idea, debuxalas e colorealas en grande, despois facémolas cativas para que teñan o tamaño das cartas e poñémoslle a parte traseira do Dixit, para que se “camuflen” perfectamente entre as outras ;)














 agora tócavos a vos!!!





mércores, 1 de xuño de 2016

óleos e acuarelas de tallerdepolo no café bar La Dársena





xa sabedes! se vos pasades un día de xuño polo downtown da citi podedes tomarvos un cafeliño no Dársena, e botar un ollo aos valados e acuarelas recién "saídos do forno"