luns, 30 de maio de 2016

preparando o verán!


xa estamos practicamente no verán ... achéganse días tranquilos de sol e lecer... para o mes de xullo modificaremos o ritmo e teremos novos horarios...
  
seguiremos cas clases de óleo os martes pola tarde e mércores pola mañá,
e engadiremos o taller “Verán é Arte” para explorar, xogar e experimentar a través de distintos momentos-movementos da historia da arte:


martes pola mañá en Crispe, para nenxs a partir de 5 aniños; igual que os xoves pola mañá no tallerdepolo,
e os mércores á tarde propoñemos mestura de idades; explorar a nosa creatividade compartindo espazo e exercicios a distintos niveis.






seguimos adiante co curso en xuño, podes pasarte a coñecernos ou consultar ou facernos propostas ... 
estamos en Monte das Moas, 17- baixo,  os martes, mércores, xoves e venres á tarde ou chámanos ao 617 293 024 e quedamos ;)

luns, 23 de maio de 2016

urban sketchers, a coruña


por fin nos coincidiu un sábado para compartir con unha marabillosa xente que fai quedadas na cidade (ou fóra) para debuxar: con motivo dos días dos museos organizouse unha quedada na Fundación Seoane do grupo de sketchcrawl de Galicia e alí marchamos a aprender e coñecer xentes creativas que gustan das artes ... unha gozada.

  




aproveitamos para coñecer a Fundación, a pintura de Seoane, o edificio tan fermoso, a exposición "paisaxe cultural"...  e debuxamos algo tamén ;)







como podedes ver as escaleiras "causaron furor" e iso que son moi dificiles para debuxar pero nós somos uns e unhas valentes debuxantes ;)

agradecer a os debuxantes de Sketchecrawl de Galicia a súa amabilidade ao compartir os seus debuxos e coñecementos con nós e tamén á Fundación Seoane o bo trato e liberdade para brincar polos recunchos cos nosos lapis e papeis.... 


http://spain.urbansketchers.org/2012/02/primera-quedada-en-coruna.html
https://www.facebook.com/groups/Sketchcrawl.Ourense/?fref=ts
http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/gl


algúns traballos destes meses...


Estes últimos meses foron moi activos e a enerxía non deu para ir mostrando traballos feitos esta tempada...

como por exemplo este xogo con papeis transparentes de Ángel e Antón







  ou os debuxos de Diana, Jimena, Mariña e Lucas






tamén estivemos escoitando música que nos inspirara e emocionara para debuxar...










 


 e xogando a debuxar paisaxes-imaxes-obxectos sen velos... só escoitando  unha descrición...






martes, 17 de maio de 2016

Semana dos museos e Feira de Economía Social

Esta semana está intensa; entre o día dos museos que nos ofrece cantidade de actividades na cidade durante esta semana... e tamén o sábado 21 que , un ano  máis repetiremos presencia na Feira de Economía Social. Búscanos pola Praza de Pontevedra, alí estaremos!




Con motivo do día dos museos a Fundación Seoane invitou a tódolxs artistas e colectivos culturais da cidade a participar nunha "paisaxe cultural" así como diferentes mesas redondas e actividades que poderemos disfrutar a partir deste mércores 18 de maio. Por suposto, participamos na paisaxe cultural así que si te animas a pasar xoga a adiviñar cal é a obra de Polo ¿? e tamén, o sábado pola mañá procuraremos estar na quedada de sketchcrawl de Galicia que será no fermoso edificio da F. Seoane: boa oportunidade para compartir debuxando e coñecer a xente amante das artes...




domingo, 1 de maio de 2016

"IV Encontro para unha convivencia positiva, xestión das emocións"


Foi un pracer ser invitada a participar no “IV Encontro de Centros para unha convivencia positiva, xestión das emocións” celebrado en Pontedeume o 28-29 de abril do 2016. A idea é ofrecer ao alumnado participante no encontro (rapaces e rapazas de 12 a 16 anos) un taller onde poder explorar as súas emocións a través das artes plásticas. Por que non facelo dende o autorretrato? Dende a mirada ao noso interior? E máis nesa complexa e intensa etapa da nosa existencia, onde tantos conflitos afloran... o reto: que ninguén se bloquee ao explorar a través da linguaxe plástica!

Pode axudar a introducirnos o visionado de obras ben distintas e intensas que nos ofrezan un abano de posibilidades, tanto no emocional como na resolución técnica. Eu elixín obras de Rembrandt, Artemisia Gentileschi, F. Kahlo, Yasumasa Morimura, Polo, Bacon, Gunter Brus, Ana Mendieta, Catherine Opie e Giuseppe Penone. Tratando de facer unha mestura moi diversa e plural, que permita que todxs nos podamos identificar con algunha das obras/artistas/conflitos/... e iso facilite a exploración co lapis, as cores, collage...









 

pedinlle as persoas que ían rematando que tomaran unha foto do seu traballo e ter así este recordo duns rapaces e rapazas do máis especial: todxs eles mediadores nos seus centros de estudos, personas que procuran unha convivencia mellor e un futuro distinto... parabéns! E parabéns á organización do encontro e mestres, e outros profesionais(Atalaia social), implicadxs na mellora do día a día nos centros educativos, na mellora das vidas dos nosos mozos e mozas... do futuro.


quedaron moitos traballos sen fotografar, pero esta mostra que aqui vemos penso que fala moito de nós...

 http://www.atalaiasocial.es/index.asp

 http://www.cabanas.es/es/node/514