luns, 25 de xaneiro de 2016

visita á cooperativa Zocamiñoca; un museo da comida :)


O tallerdepolo visita Zocamiñoca co alumnado máis novo, unha visita para coñecer esta cooperativa e facer unha reportaxe onde achegarnos a un espazo novo (para algunhas alumnas xa coñecido) dende unha mirada de artista.

 http://www.zocaminhoca.org/

Dúas raparigas (Candela e Diana) fan de guía polo espazo e cóntannos como funciona a cooperativa; como se distribúen espazo e tarefas... xurdirán preguntas como: "Cantos anos ten Zocamiñoca? Por que o almacén é tan baixiño? Por que os alimentos sen glute cheiran mal? Cantas cousas-productos hai en Zocamiñoca? ..." algunhas destas quedaron sen resposta; se queres axúdanos a solventalas!







Fixemos unha reportaxe gráfica entre todxs; esta é unha selección das fotos e debuxos feitas:








Ademais compártovos estes comentarios que deixaron por escrito tan artísticxs visitantes; 


 
-“Zocamiñoca es un museo de comida”

-“Lo que más me gusta de las cooperativas es que cada vez que las ves te parece que representan algo diferente”

-“Gústame moito Zoca porque é todo ecolóxico e porque non teñen ningún produto químico”

-“O que máis me gusta de Zoca e que hai xoguetes e sofás para estar cómodos. Millo!”

-“Es un lugar muy peculiar y lleno de cosas diferentes y ecológicas”

-“Gústame o consumo responsable, que sexa todo de Galicia e que a xente coopere”

-“Zocamiñoca es superchuli y me encanta que cuideis el medioambiente”

-“Lo que más mola de Zoca es que ningún produto lleva substancias químicas”
 



Espero vos gustara ver e ler Zocamiñoca dende a mirada dunhas e duns pequenos artistas que medran, senten e aprenden no presente para facer futuro-s novos e diferentes.
 





venres, 22 de xaneiro de 2016

cebolas, capítulo 1


da viaxe a terras holandesas traio un saquiño de cebolas de tulipán e xa é hora de plantalas... aproveito ese material para xogar co alumnado; xogar a plantar, a imaxinar o que vai medrar... xogar coa ilusión dese proxecto de vida que tardará meses en florecer... e ca incerteza do que vaia acontecer ... 


cada unha de nós planta a súa ceboliña; escolle a súa cebola, contacta coa terra, planta e rega... e logo soña ou imaxina calquera cousa que poda florecer a partir deste bulbo.


aquí vemos posibilidades imaxinadas, algunha aínda work in progress, e outras xa rematadas.

Interesantes traballos de Antón, Antonio, Candela, Carlota, Gabi e Jime.  Que os disfrutedes!!!
 
















A idea é seguir aproveitando en próximos capítulos este medrar das cebolas, coa incerteza e as posibilidades abertas a calquera idea que nos poidan inspirar... mentres coidar estas plantiñas con moito amor...

venres, 8 de xaneiro de 2016

excursión ao castelo de Maceda



Un grupiño de alumn@s do tallerdepolo rematamos o ano 2015 de excursión ao Castelo de Maceda, onde Pilar Cristobo inaugurou unha fermosa exposición coa súa obra pictórica.


 









Fumos ver a expo, felicitar á artista (compañeira/alumna do taller) e compartir con ela paisaxes como San Pedro de Rocas, o Santuario das Milagres, o propio castelo, termas, ... e unha super interesante visita á cerámica de Niñodaguía onde o oleiro Agustín nos contou da historia desta cerámica tradicional que está a piques de desaparecer, unha verdadeira mágoa.






Esperabamos ver algunhas das pinturas de Moncho Borrajo, na Estación de Ferrocarril de Baños de Molgas, pero quedamos coas ganas; a cambio numerosos obxectos, vestiario das súas xiras teatrais, e curiosidades dese intenso mundo das artes escénicas... 

Coñecemos así, en primeira persoa, eses recunchos que Pilar nos vai mostrando nos seus lenzos. Facemos tamén por coñecernos un pouco máis; compañeiros de pintura xa fai anos que compartimos o gusto polas artes, as paisaxes, a cor, a luz... a boa comida ;) 






















Unha boa experiencia para aprender d@s compañeiros de viaxe, coñecerse e descubrir lugares novos (ou repetir cunha nova mirada), falar de pintura, comida, gustos e aficións,... ou o que cadre...

únete para a próxima!! :)




 http://www.edu.xunta.es/centros/cpijosegarciaourense/node/441

martes, 5 de xaneiro de 2016

última fornada do 2015


Unha mestura de obras; ao óleo, acuarelas, acrílicos de nenxs,... unhas feita sumando moito tempo e paciencia- outras rápidas e espontáneas... nunca comparables.
Tan distinta como cada unha de nós, se nos fora permitido modelarnos de maneira caprichosa e libre. 

 un óleo puntillista de Gerarda, moita paciencia como vedes ;)

Inicios na acuarela de Merce 


acuarelas de Polo 

  
paisaxe de Candela


óleo de Loli, para un agasallo ;) 


acuarelas de valados, un encarguiño especial 


paisaxe de Diana, moita intensidade nesta natureza :) 


óleo de Ela, un dos seus recunchos favoritos 


acuarelas de Carlota 


paisaxe de Gabi, aprendendo nubes :) 


paisaxe de Lucas, fermosísimo 


 en proceso...





paisaxe de Sara , aprendendo rápido


paisaxe de Tania, lindísimo


misteriosa paisaxe de Xiana 




venres, 1 de xaneiro de 2016

"taller aberto" experiencia


Por vez primeira abrimos as portas do taller ao público xeral como unha sala onde expoñer traballos de artistas e artesáns do barrio e da cidade. Concedéndonos un espazo novo; abríndonos ao barrio e a persoas que habitualmente non transitan polo taller. Xunto co tallerdepolo tamén o taller de Gabi Carrera e Chelo Facal abriron as súas portas. 


 

 

Foi unha boa experiencia tanto polas lindas e interesantes visitas recibidas como polo traballo previo de busca e complicidade cxs artesáns e artistas que poderían achegarse ao espazo a expoñer. Algúns deles persoas amigas e outrxs descoñecidos cos que tecer novas redes e argallar futuras colaboracións... e , sobre todo, coñecer de cerca a súa obra, a técnica, filosofía... escoitar a estas persoas falar con tanta paixón do seu traballo; do seu dia a dia.













 
Tamén poñer en relación estas obras e artistas co alumnado do taller amplía horizontes e conecta mundos que deberían estar achegados, máis en conexión. Este é un primeiro paso ;) 





Puidemos ver traballos de: 
 Chelo Facal
https://es-es.facebook.com/chelo.facalcasado
taller de restauración de Adan, Crispe
http://www.paxinasgalegas.es/crispe-69074em.html
https://www.facebook.com/Restaura-con-Crispe-1684807815098109/
 Daniel Remeseiro
http://www.danielremeseiro.es/
José Méndez
rúa Camariñas, 66. A Coruña 
Carlos Botana
http://carlosbotana.blogspot.com.es/
Manchea
https://manchea.wordpress.com/ 
By Monty
Benito Freire 
http://benitofreire.com/
Gabi Carrera
http://ocio.laopinioncoruna.es/agenda/a-coruna/exposiciones/a-coruna/eve-934612-gabi-carrera-chelo-facal.html
Vicente Roura
http://vicenteroura.blogspot.com.es/
Atelier Efímero
https://www.facebook.com/atelierefimero
ReciclArte
http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/
tallerdepolo
http://tallerdepoloacuarela.blogspot.com.es/
polo
http://poloepolo.tumblr.com/

Agradecervos a todxs a vosa participación neste enredo, bicos.