xoves, 22 de outubro de 2015

life drawing ... mirasoles again


Os xirasoles trouxeron a Anxela Blanco; a danza e a máis fermosa enerxía para facer unha íntima e tranquila sesión de life drawing. En realidade moito máis que iso; poesía, diálogo, respecto, liberdade, encontro, amizade, esencia... un oasis, perfecto para que medren mirasoles. Como Saleta-mirasol, chea de luz. ;)

https://vimeo.com/60788481




 http://www.davidtestal.blogspot.com.es/
 acompañamento poético, intenso o paxaro que veu piar aos mirasoles...





mércores, 21 de outubro de 2015

sementade xirasoles!


Os xirasoles van virando a testa cara a luz do sol buscando esa enerxía positiva que lles fai medrar e madurar... sementa mirasoles, como estes que chegaron ao taller, sorprenderante coa enerxía que xeran e aportan!

Fixádevos que traballos tan intensos saíron de mirar-tocar-falar-comer os mirasoles 
traballos de Antón, Candela, Diana, Gabi e Jimena; cheos de luz coma eles














mércores, 14 de outubro de 2015

algúns dos primeiros traballos deste outubro...


   
Aquí vos deixo unha mostra dos primeiros traballos do curso... das primeiras creacións do alumnado máis novo. Alumnado que irá medrando mentres pinta, debuxa e experimenta... e con elas e eles, eu tamén medrarei e aprenderei...

traballos cos que nos iniciamos na observación e no debuxo, compartimos a experiencia e a novidade cos compañeirxs de clase; xa que xuntas todas e todos percorreremos o camiño das artes e da creatividade... 







 


fermosuras de Jimena, Candela e Diana

de Antón para Gabi

de Gabi





de Claudia
e de Tania


domingo, 11 de outubro de 2015

amodiño que imos...

amodiño imos empezando este novo curso... canda o outono empezamos a debuxar e pintar... costa ao principio.... pero cando arrancamos ben que presta!!

Imos explorar este curso o noso potencial creativo mediante distintas ferramentas; experimentar con distintas técnicas artísticas, camiñar polo noso interior e as nosas emocións e intereses, compartir os nosos aprendizaxes cxs compañeirxs de clase... e avanzar na medida das forzas e intereses de cada unha de nós. Vais ser un curso moi especial :)






 un mes de flores!




Como vedes empezamos con inspiradores modelos florais ;)
Van Goghs en acción :)