luns, 31 de agosto de 2015

Despedimos agosto completando un curso máis!


Rematamos agosto e completamos así o curso; durante o mes de setembro tomaremos unhas vacacións! E retomaremos a actividade no mes de outubro, como xa é habitual.


Un pracer compartir curso con un alumnado súper motivado no desexo de traballar a súa dimensión artística, esa que nos diferencia do resto de animais e que nos permite crear maxia: fermosas sinfonías, poesías melancólicas, construír pontes duradeiras, pintar paisaxes sorprendentes, idear filmes sobre o sentimento máis intenso, ... bailar ao son da vida, ... e pensarnos diferentes.


traballos de aprendizaxe de Claudia, nos seus primeiros contactos co debuxo





Marisé e Olga explorando o collage 






Inspirándonos no traballo da artista colombiana Ana Mercedes Hoyos xurden varias propostas; 

https://es.wikipedia.org/wiki/Ana_Mercedes_Hoyos
 http://marketingdigitalcali.com/galeriada/portfolio_page/ana-mercedes-hoyos/

 
Sandra, pinta o seu segundo cadro; desta vez acrílico


Claudia e Olga elixen rotus e cores





Ángel xoga e pon unha cabeza de coello a ese homiño de escaiola





 
e eu sigo pintando pedras, obsesionada cos valados tradicionais...


e aqui remata agosto :)

domingo, 30 de agosto de 2015

rematando Talleres de arte en Crispe


Esta semana remataron os Talleres de arte en Crispe, no barrio de Os Castros. Foron dous meses variados, tanto nas actividades como no grupo de nenxs que por alí pasaron... iso si; co denominador común da arte e a creatividade como unha ferramenta de desenvolvemento persoal para tod@s as participantes.

Quédanos o compromiso de repetir e, ante todo, de seguir formándonos e aprendendo para poder facelo o mellor posible na próxima ocasión. Dende o desexo e a necesidade de construír-crear vidas e sociedades distintas ás que coñecemos; cheas de oportunidades, de igualdade e respecto e moita creatividade para soñar novos mundos... indiscutiblemente mellores ;)














luns, 10 de agosto de 2015

taller de arte para nenxs no barrio dos Castros; Crispe II

seguimos traballando e creando os mércores pola mañá en Crispe, no barrio dos Castros, con un lindo grupo de nenxs.

facendo collage por primeira vez!

e xogamos tamén co azar facendo uns animais mestura de casualidades ...













Tamén tivemos ocasión de saír a visitar a exposición Atmosferas, no espazo NORMAL. Unha exposición moi boa de ver con nenas e nenos; non se aburrirán e, se fora o caso, poderán reflexionar con intensidade sobre calquera das pezas que a conforman. Da para pensar, sentir, sorprenderse... ou o que cadre. Axeitada para achegarse ao arte contemporáneo.





 
Con obras de Alg-a, Adrián López Crego, Marcos Nine, Amaya González Reyes, Leo López García, Javier Abad, Julio Falagán a maioría delas interactivas co espectador, que chega a ser co-creador nalgunha delas.
 http://istoenormal.org/gl/exposicions/atmosferas