venres, 31 de xullo de 2015

experimentos varios variados variopintos


Como nos gustan os experimentooooooos

pois iso; rematámolo curso facendo algunhas desas probas que non se sabe moi ben como resultarán...
empezámolo, se vos lembrades, pintando co aire! Que foi unha fermosa experiencia para repetir con variacións; desta volta engadimos unha grande bolsa plástica, ... ou tamén sopramos con “popotes” movendo a pintura de maneira incontrolable e sorprendente...













Ela, fixo probas con distintas teas para recrear meninas, como un xogo de bonecas ;)






Marisé, tiña o reto de crear a base de círculos... e quedou unha chulada de collage ;)



Para Jorge foi un reto transformar papeis lisiños nestes tan chulos que serán a base-fondo para fermosísimos debuxos... deixounos as instrucións ben clariñas, tomade nota e se tedes dúbidas preguntádeme :)




E poida que algún experimento máis fagamos en agosto; 
os mércores á tarde!

finalizando xullo ...


Durante este mes de xullo tivemos clase pois hai alumnxs que, aínda con bo tempo senten a chamada do pincel... así que, aí estivemos traballando duro ;)
en realidade pintamos máis relaxados; a un ritmo vacacional, con varias visitas, improvisacións, ganas de festa e terraceo previo, canseira propia da calor... pero moi a gusto, penso eu.

Unha mostra dalgúns dos últimos traballos feitos:



Concha reproduce un Monet para dar o "cambiazo" no museo de turno ;)


Gerarda se atreve con esta orixinal paisaxe :)


Lino pintou ao óleo unha inspiradora estampa
 (a partir dunha fotografía  de José Pardo)


Olga creou con este collage unha persoal visión da cidade



Os primeiros traballos de Claudia, que comezou este mes a súa aventura no mundo do debuxo... 



E as visitas foron variadas; de algunhas temos probas... outras esperemos repitan e inmortalizar o momento ;)

esta é outra Claudia en acción :)




Esta beleza de paxaro pintouno Jorge :)


E ángel, o meu sobriño favorito(este dato é moi importante que conste aquí), coloreou a súa silueta ;)


E seguiremos as tardes de mércores en agosto por se vos animades a visitarnos ;)

xoves, 23 de xullo de 2015

taller de arte para nenxs no barrio de Os Castros


este mes de xullo organizamos un taller de arte para iniciar nas artes plásticas aos máis pequenos; un taller con nenxs do barrio con ganas de pintar e pasar unha mañá entretidos aprendendo e xogando.

Da man das lindas persoas que traballan en Crispe (Cris e Adan) imos, os mércores pola mañá, mergullándonos no mundo da pintura e das artes... ademais de xogar e divertirse na compaña de Adan.

Seguiremos adiante no mes de agosto, se estades preto do barrio unídevos ao noso grupo!






 



luns, 13 de xullo de 2015

pintar na rúa... certame pintura rápida cidade de Lugo


Este domingo 12 de xullo tivo lugar o 15º certame de pintura rápida ao aire libre “cidade de Lugo”.




 É a segunda vez que participo nunha convocatoria deste tipo: todo un reto pintar só nunha xornada contra reloxo e a mercede do clima, co cambio constante da luz.... pero resulta apaixonante “tomala rúa” e facer pública unha actividade que maioritariamente facemos na intimidade do taller.
Imaxinar a cidade chea de pintoras e pintores concentrados na súa mirada e no seu traballo, mentres os paseantes de domingo poden satisfacer curiosidades e descubrir outras formas de ver o cotián...




Son crítica con todas estas actividades que organizan concellos e institucións, nas que aproveitan o traballo de artistas plásticos e profesionais das artes para dar vida e reencher axendas culturais a moi baixo custe... a o que tamén axudan as precariedades artísticas e estereotipos asociados a estes profesionais. Aínda sendo crítica tamén trato de ser flexible e ver o bo nestas iniciativas... neste caso “tomalas rúas” , facer visible un oficio, saciar curiosidades, xogar a ser pintora, romper tópicos, ofrecer moitas miradas distintas, disfrutar a cidade e a amizade da miña amiga Lucía, ... aprender moito co traballo dxs compañeirxs de xornada, acadáronse obras realmente fermosas...  :)

quédome lembrando a insistencia dun neno que pasou da man da súa mamá: mamá quiero aprender a pintar!! quiero aprender a pintar!! quería aprender xa!

http://lugo.gal/es/noticias/el-ayuntamiento-convoca-el-15o-certamen-de-pintura-rapida-al-aire-libre-ciudad-de-lugo
http://www.stadiosport.es/articulo/lugo/fallado-xv-certame-pintura-rapida-ao-aire-libre-cidade-lugo/20150713011912039857.html
 


martes, 7 de xullo de 2015

Os mellores días...


Os contos infantís son para min,unha fonte de inspiración... hoxe en día a calidade das ilustracións e a renovación nos contidos (de algúns deles) os fan súper atractivos. Dáme moito gusto ver tanta enerxía posta na xente que está medrando e despertando aos sentires do mundo... e as bibliotecas municipais están cheas de lindos contos accesibles para as xentes da cidade; un recurso accesible e rico para incentivar o debuxo e a imaxinación.



Os mellores días é un conto que nos trouxo Ángela ao taller con fermosísimas ilustracións que nos falan de días onde todxs andamos do revés, días onde todxs andan sobre enormes zancos, todxs imos bicándonos...   
 - imáxinate días onde todaaaaaas-os fagamos ... ¿? 
 - como te imaxinas ti os mellores días?


 "Los mejores días" Heinz Janisch/ Helga Bansch



Reprodución dunha ilustración do libro "los mejores días" pintada ao óleo por Ángela
http://galea-monde.blogspot.com.es/p/galea-en-el-estudio.html




propostas feitas por Marisé e Carlota para a posibilidade: hai días nos que...


todo florece!


a todxs lles explota a cabeza!