venres, 24 de abril de 2015

traballos de longo percorrido

traballos de longo percorrido como os feitos nas clases de óleo; cada persoa ao seu ritmo e cas súas aprendizaxes e experimentacións... ás veces, a pintura ao óleo é pesada se queremos ser moi meticulosos e acadar un resultado moi preciso...a cambio esta técnica nos ofrece a posibilidade de aprender a medir as nosas forzas-paciencia, a organizar o traballo no tempo, a ser constantes e tenaces... 

cada técnica pictórica ou plástica ten as súas vantaxes e inconvenientes... tamén o que para min son vantaxes para outr@ poden ser inconvenientes ... así que todo é cuestión de probar!!



 clara combinou no tempo este traballo con outros exercicios


 loly preparou este "cafeciño"


 victoria busca o emotivo e persoal

concha investiga e aprende dos "pintores clásicos-maestros"


lino segue o seu camiño ao mar



pili investiga e disfruta co collage


bego fixo un debut pictórico moi intenso e persoal

martes, 21 de abril de 2015

planos persoais

o tema do mes de abril é o ESPAZO, entendéndoo nas súas múltiples dimensións e posibilidades.

Unha posibilidade é levalo a un territorio persoal e cotiá. Propóñovos  facer o exercicio; imos combinar a idea de plano( guía de rúas dunha cidade) coa de rutina e tránsitos que nos moven habitualmente.

Primeiro bota un ollo a varios callejeros, planos de cidade e como se representa esta... temos construcións variadas, (vistas dende arriba-en planta- as máis das veces), espazos verdes, parques, zonas comerciais ou empresariais, de ocio,...as veces lagos, rios ou mares... ... e tamén temos diferentes tipos de vías (unión/desunión?- encontro/ desencontro) estradas, camiños, pontes, autovías , aeroportos, .... bici-carrís.... observa como hai distintas estruturas que conforman as cidades: unhas semellan máis caóticas outras máis ordenadas.... tamén observa que o plano se ofrece con divisións para atopar; ocio, transportes, cultura, centro histórico... e con unha cor ou un signo diferentes para cada actividade ou zona...

 

O caso é que agora che toca a ti ir recompilando e organizando distintos espazos propios; os que conforman ese plano por onde te moves a diario. Son tanto espazos físicos (a túa casa/s, traballo/s, o tallerdepolo ;) como espazos sen unha forma física-sólida como as amigas, amores, soños/anhelos, aficións, blogs,etc ... que se che ocorra.
Tes que ordenar eses espazos por onde te moves e que te moven facendo un plano cas súas estruturas e edificacións, e elixir as vías que as unen/desunen... os movementos que se xeren...
No taller propuxen un papel cuadriculado para deseñar o plano persoal, e curiosamente, apenas se organizaron planos cuadriculados ou moi xeométricos, as formas elixidas foron máis orgánicas que as que construímos para as nosas vilas e cidades...

 Algúns exemplos de planos persoais...




 

luns, 20 de abril de 2015

IV Encuentro Red Transibérica de Espacios Culturales Independientes

Esta fin de semana a cidade de A Coruña, da man de Proxecto Cárcere acolleu un encontro anual de espazos culturais independentes (xa sexa pola súa vocación transformadora do social, pola súa organización ou programación de actividades ao marxe da “cultura masiva” máis coñecida). Foi unha boa ocasión para achegarse a propostas diferentes á forma máis estandarizada de entender a cultura e á súa relación ca sociedade. Fronte a unha industria cultural que apela á rendibilidade económica sobre calquera outro valor ( o cal podería resultar chocante ao falar de creación e divulgación cultural) é necesario que sexamos conscientes das nosas capacidades creativas e organizativas á hora de xerar maneiras de facer cultura que nos aporten a todas a riqueza que aspiramos para a Humanidade.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/04/18/desexos-amarelos-e-redondos/947578.html#


Moi importante neste encontro, para min, foi facer visible de novo todo o traballo levado a cabo pola Plataforma-Asociación cidadá Proxecto Cárcere; repasar a súa traxectoria e ser conscientes da importancia da súa presenza na cidade. Acadar dende e para a cidadanía ese espazo histórico cheo de connotacións negativas ofreceríanos a posibilidade de construción e reconstrución dende a ilusión e a curación/reparación. 


 
Agradecer aos compoñentes activos-traballadorxs do Proxecto Cárcere a organización e a súa amabilidade cara as participantes.
Marabilloso poder escoitar e coñecer de cerca proxectos como;
 
espacio tangente
 
 
imágenes y palabras

 laboratorio bámbara

antic teatre

e sementes de outros que aínda non se concretaron de todo...

 

luns, 13 de abril de 2015

en abril dimensións mil

dimensións mil porque este mes o estamos adicando ao espazo... con amplitude de opcións plásticas ou de significado, metáforas incluídas ;)

Definición de espazo: medio ilimitado, con tres dimensións, onde se sitúan todos os corpos, no cal estes poden cambiar de posición.
Pódemos traballalo espazo con  arames, xogando a crear pequenas esculturas dos nosos espazos e a nosa relación con eles... ou facer un móbil onde colgar obxectos en harmonía...


















 




Tamén atopamos unha maneira de darlle solidez aos módulos de celosía que xa hai tempo deseñamos, temos un bo número deles e, trasladados a un cartón ríxido quedan facilmente manipulables para xogar a colocalos no espazo. Polo de agora vai unha columna sen fin... vaaaaale; con fin e principio tamén, que hai teito e chan que nos limitan... ou non?





luns, 6 de abril de 2015

as flores murchas

as mesmas flores vigorosas que pintamos nunha sesión anterior, agora teñen un novo aspecto, o tempo fixo que algunhas perderan os pétalos, que as cores sexan menos fortes, e as formas máis reviradas...






agora podemos velas dende outra perspectiva e tamén nos poden dar pé a pensar na beleza; 
-por qué algo-alguén é belo-fermos@?
-pode algo fermoso deixar de selo?
-ou a beleza é propia e inseparable do obxecto-ser pase o que pase?
-hai días que o ves todo fermoso? hai días que todo o ves feo?
-existirían as cousas fermosas se non houbera cousas feas(ou non fermosas, mellor dito)?

deixar no aire estas cuestións... que ronden as nosas cabezas e poñerse a pintar o modelo dende o noso entendemento de beleza...
máxicos exercicios de Sandra, Diana, Saúl, Antón, Lía, Candela e Luis













 













Tres intensos traballos de Blanca, Marisé e Pablo; aproveitaron aínda a cor viva do modelo, e xogaron cas cores complementarias inventando pero tamén observando coidadosamente na busca de novos matices que a primeira vista non estaban...  aprender a observar, pararse a mirar é un exercicio moi bo para xs debuxantes e pintorxs;  e un exercicio básico para calquera ser humano, diría eu.