domingo, 25 de xaneiro de 2015

Onde me coloco? retrato de grupo



Estivemos unha tempada falando do retrato que A. López fixo da familia dos reis do reino de españa; deunos para rato (onde se coloca un e a outra acolá... e aquela deste xeito...) falamos tamén de retratos de grupo moi coñecidos, de Goya ou Velázquez e outros que xurdiron... isto veu a raíz do tema do mes: como compoñemos no espazo os elementos cos que imos traballar. No espazo tridimensional e no espazo plano do papel hai unhas normas que aceptamos inconscientemente e que nos fan pensar en harmonía, aproveitamos para analizar como funcionan. Para iso algunhas nos retratamos e compuxemos un retrato de grupo da clase onde levamos á práctica as nosas maneiras de ver e entender o mundo...



xa sei que levamos un corazón na cara... porque somos uns creadores de corazón ;)
e invitamos a Antonio López a que se una a algunha das nosas sesións a retratar xogando con nós e a compartirnos misterios da pintura...





luns, 19 de xaneiro de 2015

no taller prendemos a estufa e imos a modo

Inmersas no frio e na luz do inverno as árbores perden as follas e as plantas quietas obedecen ó ciclo da natureza... no taller prendemos a estufa e ca calma propia deste tempo debuxamos, pintamos... camiñando a modo.


concha a voltas con monet

marisé confrontando conceptos

xogando con módulos


Empezamos un grupo de artes con nenas e nenos os sábados alternos, para xogar e investigar igual que facemos o grupo do venres pero cada quince días... pode ser este formato o que che conveña, apúntate se é asi!

candela durme cun osiño

 lia con música e bicos

 cristina con música

 diana con choiva fermosa e agarimosa


raquel con un lindo cabalo


martes, 13 de xaneiro de 2015

seguimooooooos + un pouco de istanbul modern

tanta actividade anterior a ese paréntese do nadal, máis as festas fan que os corpos e os ánimos cheguen a picos de saturación que despois hai que ir rebaixando a modiño...



- a charla con María Fernández foi unha delicia; reveladora,moi animosa e participativa. María contou a súa experiencia de sair fóra a estudar artes con emoción e optimismo, sen deixar de compartirnos os retos e a dureza de algunhas circunstancias... foi un momento moi fermoso.



- a feira Artenadal rematou, foi unha experiencia cálida polo ambiente xeral das compañeiras e fria pola temperatura extrema do clima lucense ;)... ReciclArte e tallerdepolo quedaron satisfeitas do conxunto: graciñas xentes de Lugo pola vosa acollida!
http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/2014/12/portadas-ilustradas-reciclarte.html




- acuarelas de tallerdepolo saíron para lugares de toda galicia... graciñas!
 http://tallerdepoloacuarela.blogspot.com.es/




e para descansar un pouco fun visitar o Istanbul Modern e tantear a actividade artística en Turquía, ou polo menos, nunha parte dese complexo territorio que organiza dende hai anos unha coñecida bienal de arte. 
http://www.rtve.es/alacarta/videos/metropolis/metropolis-bienal-estambul-2013-1/2063407/




gustáronme video creacións de artistas como Kutlug Ataman, Sukran Moral, Ali Kazma,...  en pintura chamoume a atención obra de Alaettin Aksoy ... un museo pequeno, un pouco apartado na cidade pero igualmente interesante.

http://www.kutlugataman.com/site/artworks/work/241/
http://www.sukranmoral.com/pages/home/index.html
http://en.wikipedia.org/wiki/%C3%96mer_Ali_Kazma
http://www.turkishpaintings.com/index.php?p=34&l=1&modPainters_artistDetailID=299



Rematar ca imaxen dunha ponte rota... algo que non debería pasar; romper e destruir esas ferramentas/espazos/construccións que nos permiten o encontro, a unión dos seres (tan iguais e tan diferentes). O meu desexo está posto na construcción de pontes; espazos de tránsito, de encontro, de movemento, coñecemento... 


https://www.flickr.com/photos/103131093@N02/sets/72157650200925676/