sábado, 29 de novembro de 2014

regalar familia a medida :)






Pensei compartir con vos este agasallo que fixen para o meu sobriño, para o seu terceiro aniversario. Unha idea sinxela e que resultou moi divertida para el e para o resto da familia.
 
Ó principio pensei: “non lle vai molar e non lle vai facer caso ningún” pero resultou un momento divertido e cheo de risas ademais de que recoñeceu as personaxes, o que foi moi emocionante. E logo estiveron con nos o resto do día, xogando maiores e pequeno como cativos todxs. 

   
Trátase de reproducir o teu tipo de familia en bonequiños de papel; eu fixen as personaxes da nosa particular familia con rotuladores (sen colorear;para que as coloree se quere máis adiante), como caricaturas ou formas simplificadas... tamén se podería combinar con algo de fotografía, se te da medo o debuxo. 

  
Logo púxenlles uns cartonciños por detrás (fixados con cinta de carpinteiro) para manipulalos facilmente. E fixemos entre os dous un escenario simple; con só unha cartolina onde recreamos lugares elixidos por el... o escenario se pode complicar ata o infinito ... para min o mellor é que vaia buscando el os lugares onde xogar cos bonecos.
E máis nada... igual vos sirve esta idea para algún aniversario!!

mércores, 26 de novembro de 2014

pensativa .... mmmmm

Pensativa... mmmmmmm


dándolle voltas a tantas cousiñas... e non acabo de ver nada claro... a dúbida sempre presente. Eso lémbrame a canción de J. Drexler “hermana duda”,
http://www.quedeletras.com/letra-hermana-duda/jorge-drexler/63744.html 
e igual que pasa na canción o meu non é unha queixa,(xa é un modus vivendi ;)

e tamén esta imaxe que teño sempre a man; 
exposición Dora García, CGAC 2009 

 
A incerteza da consciencia fai asomar tantas posibilidades que estaban pechadas... sempre escoitei de cativa na casa: “nunca digas nunca” e agora o nunca pode ser unha alternativa. 
 
E supoño que tanta dúbida se reflexa no dia a dia... e si se contaxia non sei ben que é o que se contaxia... así que xa me contaredes!
 
Lindos traballos desta tempada; sen dúbida agradecida o alumnado polo seu traballo, pola súa tenacidade, pola súa atención...

concha soñando,

 ela en asturies,
 lino en acuarela,
 iñigo lembrando,
 victoria inventando,
carlota pinta un  abano, e lino máis casiñas...


 ca dúbida enriba seguimos traballando e o mundo sigue rodando... e seguirá
ata a próxima!!




 

luns, 17 de novembro de 2014

o que non vemos...

pintando co vento quedamos hai xa cáseque un mes (cóstame ás veces vermas con este caderno de bitácora)... e seguimos por esa liña; agora pintando o que non podemos ver... ¿?

como sentimentos ...  de Diana, Olga e Inés






 




ou o vento... ¿como te imaxinas o vento se o puideras ver? como un misterioso ser o ve Lia, ou cheo de cores o vexo eu...




 fixemos un tendal onde colgar os nosos máis íntimos desexos!! :) desexos segredos que non imos contar; marisé, carlota, saúl...



e aqui seguiremos pintando e debuxando o visible e o invisible... ;)