venres, 29 de agosto de 2014

cadeiras novas pro taller...



cadeiras

xa hai tempo que precisaba cadeiras pro taller. Parece unha tarefa sinxela facerse cunhas novas cadeiras ... pero para min non era tan sinxelo. As cadeiras vellas que, con moito amor, donan amigxs para o taller moitas veces veñen xa moi usadas e pronto se fan perigosas e/ou pouco resistentes, así que volvo pronto quedar con carencia delas.

 

Outra posibilidade é achegarse a unha destas coñecidas grandes áreas comerciais e mercar cadeiras de fermoso deseño e a moi bo prezo... pero a idea chocaba co convencemento de que é preciso un consumo responsable, reflexivo, de cercanía... e que si podemos re-utilizar ou aproveitar o que xa temos, mellor!


 
Lémbrovos esta imaxe que presentara á convocatoria de mail art para o proxecto cárcere; make your own jail. En alusión, entre outras, á esclavitude á que nos pretende someter un consumo irreflexivo, superficial e ó fin, moi perigoso para o planeta e para as persoas que o habitamos e o habitarán ...


 Foi así que, un dia paseando preto da rúa Falperra, atopei unha fermosa tendiña, moi xeitosa e coidada, onde coleccionan e reparan cadeiras; unhas fermosas pezas con historia, que son tratadas con moito mimo para que sigan vivas neste mundo; un mundo onde o usar e tirar se fai ata cas mesmas persoas!
Alí foron algunhas cadeiras do taller a ser reparadas; e outras foron adoptadas como novas incorporacións ó equipo plástico e creador para este novo curso ( e espero moitos máis).
Pois este proxecto que move, colecciona, arranxa cadeiras chámase 
UnDoReDo, e recoméndovolo polo seu coidado e amabilidade tanto das cousas como das persoas...

http://undoredo17.wordpress.com/presentacion/

 aqui vos presento as novas amiguiñas!!






mércores, 13 de agosto de 2014

soñar xogar fogar

A convocatoria no mes de xullo para facer un taller para nenxs sobre os soños (concepto que  abarca moitas dimensións -persoais, sociais...) rematou sendo un taller do máis especial onde se mesturaron idades ben distintas e onde superar novos retos cada dia de clase!
Dende os tres anos ata os corenta aí nos mesturamos dando lugar a un espazo de interrelación mediante o xogo e a pintura; complexo ás veces, e moi rico en aprendizaxes e experiencias... facendo que o taller se convertera máis nun fogar (dunha familia nova, diversa e fermosa) que nun espazo artístico... ¿? aínda que quen di que un espazo artístico non é un fogar? Ou viceversa!
















a mediados de setembro voltaremos cas clases, ata entón a pasar bo verán; descansar, ler, reflexionar... algo de praia, verbenas... o que cadre ;)