venres, 17 de xaneiro de 2014

definindo proxectos para o curso...


Xaneiro é un mes asociado a comezos; a proxectos ilusionantes que nacen dende xa! Visualizar ese soño ou esa meta desexada xa é un logro importante para a súa consecución; ademais podemos ir definindo pequenas etapas que nos acheguen a ese punto buscado... canto máis grande sexa ese soño máis longo o camiño a percorrer... tamén nos ofrecerá moitos momentos bos e moita loita para medrar e aprender... 

seguiremos adiante cos nosos obxectivos para este curso... pelexando duro e celebrando cada logro; como o traballo destas imaxes pequenos-grandes logros a celebrar!!



acuarelas de lucia

acuarela de amparo

acuarela de carlota

óleo de belén

óleo de manolo

arteterapia no taller

pequena escultura chea de sentimento de lucia

arteterapia no taller

óleo de paloma

acuarela de antía

acuarela de lucía

óleo de pili c.

acuarelas de lucía

arteterapia no taller

arteterapia no taller

óleo de lino

óleo de paloma

mércores, 8 de xaneiro de 2014

bodegón e retrato en tempo de nadal!


taller especial para nenas e nenos en tempo de Nadal!
Aproveitando o tempo libre co que contan no Nadal as máis pequenas e pequenos, argallamos un taller de doce horas no que abordamos os xéneros pictóricos bodegón e retrato.

Para elo miramos un pouco de historia da arte; vimos exemplos inspiradores, aburridos, curiosos, sorprendentes, coñecidos e descoñecidos, posibles e impensables ata ese momento por nos... e agora xa falados, reflexionados e analizados forman parte tamén da nosa historia.
Promovendo o debate, o intercambio de impresións, preguntas e curiosidades para ir fiando o que serían os futuros traballos a facer... abrindo as ganas de empezar a pintar sobre os cartóns e papeis en branco.

A maxia das artes permite conectar tódolos aspectos das nosas vidas; neste caso a alimentación ou a construción da nosa identidade, abordándoas dende unha linguaxe persoal e aberta, xogando e razoando cos elementos que máis nos enchan o ollo na procura da nosa mensaxe artística.
Aí vai unha mostra en fotos do acontecido: