xoves, 25 de decembro de 2014

algúns traballos previos as festas do nadal

estes días estivo o alumnado rematando algúns traballos previos a estas festas...xa que non haberá clases dende o 24 de decembro ata o día seis de xaneiro.

así que o sete de xaneiro, mércores, teremos clase pola mañá e pola tarde como habitualmente, xa pasadas as festas e empezado un novo ano.



lino, acuarela


 marisé, estudio do espazo, neste caso do taller


 manolo, óleo florido


 rosas en muro, óleo de pili


 collages de sandra e saúl




 debuxo de carlota



 saúl e inés traballando nunhas alas, que os leven a onde queiran chegar...


por suposto, desexarvos unhas boas e tranquilas festas a todxs!!!

luns, 15 de decembro de 2014

construindo

como construímos unha identidade? a do noso territorio e o que esta pode influír logo en nos, nos nosos actos cotiás e ata nas nosas esperanzas e soños... da construción individual á social e viceversa... pensando en construír xurdiu a idea de compartir a experiencia de María Fernández, e dar un pouco de cor a unha perspectiva de futuro que para moitxs se pinta só en branco e negro.
O martes 23 as sete, recibiremos a visita de María... será emocionante conversar con ela sobre a súa experiencia na Gnomon School e todo o proceso persoal que a levou a decantarse polos estudos de artes; apostar por facer, estudar, traballar en iso que é a nosa paixón!!! aínda que o mundo corra cara outro lado...

podedes compartir con nos ese fermoso momento, por suposto.



sábado, 13 de decembro de 2014

vai de seres fan tás ti coooooos

Vouvos presentar uns seres fantásticos que xurdiron na paisaxe!!

Buscamos fotos de paisaxes que nos enchan o ollo e creamos un ser imaxinario-novo que nos pareza axeitado para o sitio ;) 

sandra creou este ser

 saúl revisou  un clásico

 olga descubriu unha nova especie "insectiva"

 marisé fantaseou na aurora boreal

 inés fixo patogolfiño mix

 angel un ser-garabato

 eu fixen unha proba rápida para testar posibilidades do exercicio, costume que estou seguindo cada vez máis ... e que da moitas pistas

Resultou un exercicio divertido que da pé a rirse e xogar, moi recomendable. Vas analizando e esforzándote no debuxo sen decatarte, e a paisaxe xa está feita asi que só tes que estudar onde será o sitio concreto máis axeitado para situar o bicho-ser (algunha paisaxe pode ser ideal para pensar-iniciarse en términos de proporcións ou perspectiva)

e nada máis por hoxe; ata pronto!!!