sábado, 17 de maio de 2014

Facendo probas...


cada persoa vai establecendo unha relación co taller(co espazo, cas posibilidades, cas técnicas, ...) así como unha relación co grupo co que comparte a clase.
Hai grupos que traballan máis en conxunto, iso pasa con facilidade cas máis pequenas, mentres as persoas ó facernos maiores asociamos máis a consecución dos nosos obxectivos cun traballo netamente individual... o cal nos fará descoñecer gran parte das nosas posibilidades!
Cas máis pequenas o escenario da creatividade se traslada ó xogo e a experimentación con maior facilidade... o cal resulta liberador e facilita e amplía esa relación co espazo, co grupo e co camiño cara eses obxectivos persoais... 


 iñigo gosta de xogar libremente sobre unha idea-proposta ata que sea algo persoal
 

 


 experimentacións de cris, inés, iria e lucía










xogando co espazo...


debuxo de belén para a proposta de arte postal "hay un artista en ti", nesta se intenta que as persoas reflexionemos sobre a importancia das artes na educación.

 

domingo, 4 de maio de 2014

Vernos dende fóra!


esta proposta feita a alumnas que xa levan un tempo no taller ofreceume a posibilidade de ver dende fóra como viven a nosa relación e como se senten elas no taller... a sinxela proposta é unha banda deseñada (de máximo cinco viñetas mínimo tres) co tema:“eu e Polo no taller de pintura” total liberdade para expresar ... e aproveitando para practicar-repasar debuxo, composición, creatividade... un exercicio divertido no que se inverten as tornas e a avaliación pode ser de alumna a mestra.

clara; "ya está"

belén; "magia potagia"

carlota, "ñam ñam"

pablo; dalle volta á cabeza...






Agradecer as visitas que se pasaron polo taller en distintos momentos do mes de abril... foron varias, moi lindas e enriquecedoras. Fixeron e fan do tallerdepolo un espazo máis aberto e dinámico polo que desexo se repitan e multipliquen ;) e tamén nos ofrecen outras-novas miradas e impresións; pistas para revisarnos, reflexionar e seguir medrando...


Lia  ofreceunos esta barquiña para navegar e descubrir novos horizontes...