domingo, 22 de decembro de 2013

impresións da primeira sesión de arteterapia


O sábado 14 de decembro tivemos a primeira sesión de arteterapia da man de Jose, un profesor de artes plásticas que leva anos estudando esta posibilidade terapéutica que nos ofrecen as artes. Foi unha tarde tranquila e divertida onde nos achegamos á definición de arte-terapia e as súas posibilidades. Sen dúbida quédanos moito por descubrir nos vindeiros meses, que prometen ser unha fonte de descubrimentos, de apertura persoal e de camiños creativos...
Formamos un grupo de traballo moi curioso; heteroxéneo en intereses e coñecementos pero homoxéneo no feito de ser todas mulleres!! seguro que os sucesivos encontros nos levarán cara a unha grande complicidade e afecto así que a experiencia se presenta como unha viaxe moi pracenteira...
xa vos seguirei contando ó longo do curso máis impresións e subindo a este blogue imaxes creadas por nos...