luns, 23 de decembro de 2013

acuarelas en Lugo!!


Este decembro teño o pracer de expoñer distintas acuarelas de viaxe, en pequeno formato, na feira ARTENADAL de Lugo (ó lado do museo provincial). É unha oportunidade para mostrar pequenas instantáneas -liberdade de expresión para definir ese momento recollido durante a viaxe ou en foto ou pintando in situ- feitas durante viaxes ou paseos ó longo destes dous últimos anos... e vender algunha delas, espero.
Tamén levo varios cadros de cando me obsesionaban as pedras, os valados, troncos... e detalles da natureza galega.
Xa que expoño nunha feira de artesanía aproveitei a ocasión para mercar os reis; buscando obxectos útiles, fermosos e feitos polas mans de artesáns que viven preto de nos, que son veciñxs, amigas e amigos, ... e moitos deles preocupados polo coidado do noso entorno e de que os materiais que empregan non sexan nocivos para a nosa saúde.

Se pensades visitar Lugo non vos perdades a feira ARTENADAL!! 

 
Quero enviar un saúdo ás persoas participantes do taller Made in Coruña que visitaron o tallerdepolo o 11 de decembro para aprender sobre a técnica da acuarela. Deume moito que pensar esta visita... por exemplo; no dificil que é, as veces, contar @s outr@s esa actividade que para nós é tan cotiá; tamén, que o taller se convirte nun espazo-refuxio non só de traballo senón tamén de illamento-de soidade buscada... 
empezarei a traballar na mellora para divulgar eses coñecementos que moitas veces nin sabemos que posúemos, graciñas pola visita!


e boas festas a tod@s, que sexan ricas en amor e afectos!!!






domingo, 22 de decembro de 2013

impresións da primeira sesión de arteterapia


O sábado 14 de decembro tivemos a primeira sesión de arteterapia da man de Jose, un profesor de artes plásticas que leva anos estudando esta posibilidade terapéutica que nos ofrecen as artes. Foi unha tarde tranquila e divertida onde nos achegamos á definición de arte-terapia e as súas posibilidades. Sen dúbida quédanos moito por descubrir nos vindeiros meses, que prometen ser unha fonte de descubrimentos, de apertura persoal e de camiños creativos...
Formamos un grupo de traballo moi curioso; heteroxéneo en intereses e coñecementos pero homoxéneo no feito de ser todas mulleres!! seguro que os sucesivos encontros nos levarán cara a unha grande complicidade e afecto así que a experiencia se presenta como unha viaxe moi pracenteira...
xa vos seguirei contando ó longo do curso máis impresións e subindo a este blogue imaxes creadas por nos...