domingo, 21 de xullo de 2013

Fin de curso 2013!




outro curso máis vai aló!!

se fixeramos unha avaliación do curso que acabamos de rematar
non sairiamos nada mal parad@s... pero como xa é costume
tódalas alumnas e participantes nas actividades do tallerdepolo
aproban con moi boa nota, é esta unha boa costume!



Fixemos moitos traballos bos, moi bos debates, e tamén de
cando en vez festas e actividades diversas, a maioría van
aparecendo neste rexistro de memoria que é o blogue do taller.


despedida do curso!!!

Este ano no verán non temos actividades programadas ... así que,
polo menos na Coruña, non nos veremos ata o día un de outubro
que comezaremos un novo curso co que medrar tod@s xunt@s;
con moito amor, respecto e creatividade postos en cada xornada de
traballo. Gustaríame que, como noutras ocasións me fagades
chegar as vosas suxestións sobre actividades, horarios,
posibilidades novas que se vos ocorran ...ou apetezan.


Moitas grazas a tódol@s persoas que participades dalgunha
maneira na cotidianía do taller tanto alumn@s, amig@s, modelos,
visitantes, profesor@s ocasionais, membros da rede de troco da
coruña e compañeiros de actividades varias... que facedes que esta
proposta esté viva e medre con sentidiño!



rincón da alhambra vista por Pili G.

cristais "soñados" por Concha

Pili C. pintando desertos...

Carlota pinta unha ilustración atopada no xornal

Viruca e as súas hortensias ourensanas

Laura pintando tranquilos soños

a máis alegre e colorista pintora do taller

inés experimenta con papeis e cores

Iñigo nos sorprende cos seús primeiros cadros!

Manolo segue a practicar o seu debuxo

Carmen e o romanticismo :)

Gerarda nos propón un camiño aberto a moitas e boas posibilidades!!!




Estamos e seguimos en contacto a través do email, o facebook e non deixedes de visitar este blogue!!!

tallerdepolo@hotmail.com
https://www.facebook.com/taller.depolo?ref=tn_tnmn

venres, 19 de xullo de 2013

muéstranos tu arte!









O sábado 29 de xuño estivemos dende o tallerdepolo acompañando á plataforma do proxecto cárcere nese fermoso entorno que rodea á antiga prisión coruñesa.



 
Inaugurouse unha interesantísima proposta de arte postal; ca idea CÁRCERE como nexo conector recibíronse traballos artísticos dende tódalas partes do mundo! (penso que se poderán ver estes días en distintos espazos da cidade, reeeecomendable) tamén houbo música, rica comida e mellor compaña con moita boa xente.





Aí estivemos Belén, Carlota, Clara, Helena e Polo pasando todo o día, pintando, comendo, charlando, peiteándonos, apoiando un proxecto importante e necesario, comendo xeados, pelexando co vento... saúdando a tanta xente amiga que pasou a vernos e contarnos as súas novas así como a cotillear o que estabamos a pintar! Foi unha fermosa xornada na que se traballou moito... pero dun xeito tranquilo e fermoso, tan motivador que nos fai pensar en repetir experiencia. Así que dende aqui vos envío unha proposta para saír de novo a pintar ó aire libre, nun lugar máis discreto para non sentir medo escénico e facilitar unha maior participación, pero sentir o sol, o aire, os paxaros... mentres compartimos a experiencia de traballar nos nosos lenzos e intercambiar ideas, cores, risas, dúbidas... aí queda a proposta! A buscar datas!