domingo, 19 de maio de 2013

debuxar

No mes de xuño miraremos de facer polo menos un par de posados máis como despedida deste curso. Supón un esforzo atopar xente que pose os mércores á mañá; pero temos a sorte de contar con vari@s colaboradores marabillosos dispostos a investir parte do seu tempo na nosa loita debuxística.
Tod@s debuxamos dende cativos sen preguntarnos se o facemos ben ou mal; simplemente debuxamos igual que falamos, xogamos, saltamos, rimos, bailamos,... divertíndonos co feito en si e deixando as valoracións a parte. É importante non perder esa capacidade de ensimesmamento, de internarse no momento e abandonar o resto do mundo... ese resto do mundo que seguirá aí cando rematemos o noso debuxo e ó que volveremos máis tranquil@s e relaxadas despois desa paréntese exclusivamente nosa; debuxar.
laura retrata a pablo

bosquexos de laura, manolo,sergio e polo







carlota pinta unha planta murcha

a inés encántalle debuxar cabalos

luns, 13 de maio de 2013

dia internacional do comercio xusto 2013

-->
O pasado 11 de maio celebrouse o dia internacional do comercio xusto. Na coruña celebrámolo cunha feira de economía social onde nos xuntamos un montón de xente amiga ca que coincidimos en considerar que a economía ten que estar ó servizo das persoas e non ó revés. A dignidade das persoas tanto traballadoras como consumidoras debe prevalecer sobre criterios puramente económicos, que nos conducen moitas veces a situacións surrealistas-incomprensibles e inadmisibles para moitas de nos.
Dende o tallerdepolo ofrecemos un taller libre chamado: “bufete libre de verduras” para que as nenas e nenos que se achegasen elixisen a súa hortaliza e a pintaran ó seu gusto... nunhas poucas horas pola mañá rematáronse tódalas verduras!!! Pasamos un dia verdadeiramente cheo de amizade, sorrisos, cores... con visitas entrañables e estupendas axudantes as que agradezo moitísimo tanto bo facer!!!! graciñas Noa , graciñas Concha!!! graciñas visitantes múltiples e sempre benvid@s!!!






tamén colaboramos na decoración da feira!!!




mércores, 1 de maio de 2013

roses in the world

Con esta promesa de primaveira destes días tamén chegaron visitas emotivas e revitalizantes! 
Vellas amigas e alumnas que sinten curiosidade polo taller, polas compañeiras de clase e as novedades que atoparán,... tamén botan de menos o cheiro a pintura, claro. O máis agradable é pensar que as persoas se sinten a gusto no taller e non teñen dúbidas en voltar e curiosear, saúdar e compartir novos momentos neste espazo.

Ca promesa da primaveira asoman as flores que son como breves pinceladas de cor nun mundo, as veces, demasiado gris.
Estas propostas son das alumnas máis novas para a convocatoria de arte postal de sabela bañas ; roses in the world... e falta un dos traballos que parece se perdeu polo camiño pero esas son cousas que pasan...



feliz primaveira!!!