mércores, 17 de abril de 2013

Xa chega a primaveira, ven a modiño pero vai chegando despois deste duro inverno, e con ela van saíndo novas obras e traballos no taller; tanto de alumnas veteranas coma de novas fichaxes. Todos traballos fermosos e válidos porque todos son o camiño que nos conduce ó seguinte traballo e logo a outro e outro máis ... aprendendo de cada un e variando a nosa maneira de percibir o mundo que nos rodea; as cores, os contrastes, a disposición-relación entre formas, liñas...















En fin, que chega a primaveira a modiño... e é un pracer que non nos podemos perder!







martes, 2 de abril de 2013

pintura con pulpa de papel ou reciclando papel :)


Neste tempo de vacacións que acabamos de deixar atrás, no taller non se impartiron as clases habituais pero iso non quita que non estivera activo. O tempo de lecer pódese aproveitar para xogar, aprendendo doutros xeitos , experimentando , compartindo momentos creativos relaxados e abertos a calquera camiño...
Neste caso compartimos taller ca amiga Lucía, gran interesada no mundo da reciclaxe de papel, ca que nos achegamos á “pintura con pulpa de papel”. Empregando sinxelos modelos como obras de Seoane, probamos sobre distintos soportes e fixemos mesturas para ir abrindo o apetito ó mundo da reciclaxe de papel... queda moito por experimentar e para iso teremos aínda moitos días de lecer e moitas ganas de compartir bos momentos.
pulpa de papel seca que se pon a remollo con auga

distintos tipos de papel para as probas