luns, 25 de febreiro de 2013

en febreiro ...

Invítovos a ver algúns dos traballos que están a facer @s alumn@s do taller neste mes de febreiro. Algúns xa se ven rematados ou cáseque listos, e un par deles recién empezados; e que voltaredes a ver máis adiante cando teñan unhas "pintas" ben diferentes. 
E así vai pasando o mes de febreiro, entre óleos, acrílicos, cores, lápices... proxectos novos ilusionantes, rematando outros... vendo avances ou bloqueados e con dúbidas... pero en movemento e traballando cada semana con ilusión.

Este mes tamén un grupo de rapazas está a traballar na súa proposta de mail art para a convocatoria Roses in the world, ideada pola artista afincada na Coruña Sabela Bañas, á que enviaremos as nosas propostas en canto estén listas para compartir con todas vos!!! xa vos iremos mostrando as rosas en cuestión...
 http://sabelabaamailartypoesiavisual.blogspot.com.es/


 


 

E pronto chega marzo con promesas de mellor tempo; máis luz e máis enerxia!!!

sábado, 9 de febreiro de 2013

xogando sen medos










Estamos de entroido asi que a próxima semana teremos menos horas de clase; a cambio uns días de ambiente festeiro e moito cocido, orellas, filloas...

estes días algunhas estiveron investigando e xogando... subo imaxes de exemplo!
as máis libres seguirán xogando sen medos... así que invítovos a perderlle o medo a equivocarse, probar, experimentar ...é unha boa maneira de aprender! 
Para a experimentación abóndanos con papel(como soporte) e materiais sinxelos como lápis de córes, ceras, rotus... todo é poñerse a enredar con ilusión, coma nen@s

sábado, 2 de febreiro de 2013

 

 
 
 
No taller tratamos de imprimirlle enerxia a este ano que acabamos de comezar; enchéndoo de cores e, cada un-unha de nós pintando os temas que máis nos inspiran ... a algunhas dalles polos árbores, ou por reproducir famosas ilustracións, ou polos outonos coruñeses, superheróes,... tódolos traballos son válidos e dan grande satisfación se se pintan con bo humor, con gusto polo feito, loitando sen medos con cada dificultade da tarefa.