domingo, 27 de xaneiro de 2013

calquera dúbida contacta tallerdepolo@hotmail.com 


Este mes de xaneiro do 2013 seguimos cas clases habituais de óleo, seguimos facendo debuxo con modelo un par de días á semana pero máis a modo que o ano pasado. 
Como novedade este curso teremos unha tarde ó mes para solucionar problemiñas teóricos, charlar sobre o noso traballo con calma, buscar camiños novos... investigar posibilidades artísticas que ainda non tiveramos en conta; animarnos a facer traballos máis persoais ou novedosos. En definitiva; unha tarde para preguntar e respostar de maneira conxunta... reflexionar e imaxinar camiños, darlle volta ás dúbidas... unha tarde máis teórica que práctica, pero necesaria nalgúns puntos do camiño. Empezaremos en febreiro, se non hai novedade, adicarémoslle a tarde do último venres, preparade dúbidas!

 

venres, 18 de xaneiro de 2013





















un repaso en imaxes só dalgunhas das actividades e-ou talleres feitos (confeso que non sempre tomo imaxes) dende talleres para potenciar a creatividade, talleres para iniciarse na acuarela, debuxo, anatomía, iniciación ó debuxo/pintura para persoas que pensan que non teñen aptitudes para as artes plásticas, técnica de óleo... e seguro hai máis que quedan por aí esquecidos.

luns, 14 de xaneiro de 2013

talleres para nen@s


tantos talleres infantís van xa compartidos... momentos de diversión e aprendizaxe a tódolos niveis :)   e vendo como @s nen@s medran e se ilusionan .... e procurando seguir sendo capaces de manter eses niveis de ilusión e crecemento; ainda que resulta duro as veces.















Estas primeiras entradas miran atrás porque hai moito material para facelo... e ainda nos estreamos agora no mundo dos blogues  pero a filosofia do tallerdepolo está mais no presente e no futuro: imposible doutro xeito c@ss mais cativ@s!!

busca compartida

O tallerdepolo é unha busca compartida.
Ser consciente da continua autoconstrucción e cambio mentres acadamos a mellora persoal e creativa.